O Muíño de Lucho - Alojamiento Singular en Costa da Morte

O Muíño de Lucho

O privilexio de habitar un antigo muíño restaurado na Costa da Morte.

Aloxamento en Ponte do Porto, Camariñas

O Muíño de Lucho é un antigo muíño coidadosamente restaurado por nós. Sito á beira do río, en plena Costa da Morte, é un aloxamento singular de 12 m² para 2 persoas que combina tranquilidade, natureza e encanto.

Todo o necesario para habitar a calma

Cociña equipada

Con utensilios básicos para cociñar e servir 2 persoas.

Baño funcional

Inodoro, toallas, secador, xabón e ducha de 55×55 cm.

Cama con Altillo de 1m

Cama de 135 cm con acceso por escaleira abatible.

Calefacción/AC

Para garantir o teu benestar durante a túa estancia.

Terraza exterior

Iluminada con cadeiras e unha mesa á beira do río.

O legado da nosa familia
(e de quen moía aquí)

Descubre a historia deste muíño, das persoas que lle deron vida durante xeracións e do proceso de restauración que o devolveu á beira do río.

O espazo perfecto se buscas...

Unha parada no Camiño dos Faros.

Unha escapada romántica.

Unhas vacacións en parella na Costa da Morte.

Preguntas frecuentes

Estamos aquí para resolver calquera dúbida que teñas antes ou durante a túa estancia no noso muíño na Costa da Morte.

Para cantas persoas é o aloxamento? Permiten nenos?

O Muíño de Lucho é un refuxio singular deseñado exclusivamente para unha estancia íntima de un máximo de 2 persoas adultas. Por motivos de espazo e seguridade non se permiten nenos nin bebés.

¡Por suposto! As mascotas son benvidas sempre baixo comunicación previa ao facer a reserva. Só vos pedimos que teñades en conta que, ao tratarse dun espazo de 12 m², o voso compañeiro debe sentirse cómodo en dimensións reducidas. Para calquera dúbida sobre a estancia coa túa mascota, podes escribirnos a omuinodelucho@gmail.com.

Non, lamentablemente o espazo non está adaptado. Para acceder á zona de descanso do altillo é necesario subir por unha escaleira abatible de madeira, polo que non se recomenda nin se permite o aloxamento a persoas con mobilidade reducida.

Non. Deseñamos este espazo como un refuxio de desconexión real. Non atoparás pantallas nin rede Wifi; o único son que te acompañará aquí é o do discorrer da auga do río. A oportunidade perfecta para apagar o ruído dixital.

Atopámonos nun enclave idílico á beira do río en Ponte do Porto (Camariñas), en plena Costa da Morte. O acceso é moi sinxelo por estrada e daremos os detalles exactos e instrucións de chegada ao confirmar a reserva. Ademais, terás todos os servizos básicos (supermercados, farmacia e restaurantes) a un paso do muíño.

Estamos nunha localización estratéxica para explorar toda a Costa da Morte. A praia máis próxima, a area de Arou, e a Ría de Camariñas atópanse a pouco máis de 3 km do muíño. Ademais, a nosa situación é inmellorable para explorar puntos emblemáticos como o Cabo Vilán, Muxía e outros moitos recunchos únicos da zona.