O Muíño de Lucho - Alojamiento Singular en Costa da Morte

A nosa historia

Acougo nun legado vivo

O muíño nace dunha historia familiar ligada ao rural e ao esforzo compartido ao longo das xeracións. Un proxecto de recuperación que fusiona a memoria dos nosos familiares coa esencia dun espazo que volve latexar. Descobre a historia das persoas que lle deron vida, o noso soño e o corazón que hoxe gardan os seus recunchos!

HISTORIA DO MUÍÑO

O Muíño fai parte da nosa herdanza familiar que está ligada ao rural… A miña avoa creceu nunha familia de seis irmáns, ao falecer a súa nai cando eran pequenos, unha muller chamada Tomasa, que traballaba na casa, asumiu o coidado de todos eles.

Tomasa non só facía as tarefas do fogar, senón que era quen se encargaba de levar o gran ao muíño para moer o trigo, convertendo este lugar nun punto esencial para a vida da aldea.

A restauración

Co paso dos anos, o muíño quedou abandonado e chegou a estar en ruínas. A súa recuperación foi sempre un desexo presente na familia, especialmente para unha persoa que tivo un papel moi importante na nosa vida.

Cando foi posible, iniciamos a rehabilitación do muíño. Participamos activamente no proceso co obxectivo de recuperar o espazo respectando a súa esencia orixinal.

O MUÍÑO DE LUCHO HOXE

A medida que O Muíño de Lucho recuperou a súa vida, a nosa filosofía mantívose intacta. Hoxe en día, o Muíño é máis que un espazo de descanso; é o resultado dun soño compartido que se transformou nun refuxio onde a pedra, a auga e a natureza conviven en harmonía. O Muíño de Lucho segue sendo un negocio familiar, dirixido coa mesma paixón coa que iniciamos a súa recuperación, coidando cada recuncho para ofrecer unha experiencia que honra o pasado pero que mira cara ao futuro. É a nosa forma de seguir escribindo esta historia, agora convosco como parte dela.