O Muíño de Lucho
O Muíño de Lucho é máis que un aluguer vacacional; o que buscamos é que disfrutes dun lugar especial para descubrir a Costa da Morte ao teu ritmo.
Cremos na calidez do trato directo: aínda que dispoñemos de caixa de chaves para que poidas facer unha entrada autónoma se o prefires, sempre nos gusta recibir persoalmente aos nosos hóspedes. É a nosa forma de darvos a benvida e de facer que o voso paso polo muíño se sinta, dende o primeiro minuto, como algo máis familiar e cercano.
Zona de descanso: Dúas butacas cómodas con manta, pensadas como o recuncho perfecto para a túa lectura.
Comedor versátil: Mesa transformable que se apoia na estrutura de pedra orixinal do muíño, adaptándose ao espazo para dúas persoas.
Entretemento: Unha coidada selección de libros e xogos de mesa para desconectar.
Equipamento completo: Cociña de gas compacta, ideal para preparar comida para 2 personas.
Servizos básicos: Mininevera, tostadora, licuadora e cafeteira.
Menaxe: Vaixela completa, copas de viño, cubertos e utensilios de cociña (potas e tixolas).
Especias: Aceite, sal e pementa a túa disposición.
Funcionalidade: Espazo optimizado con ducha (55×55 cm) e inodoro.
Confort: Auga quente, toallas incluídas e secador de pelo.
Coidados: Produtos de limpeza básicos dispoñibles para a túa comodidade.
Descanso: Cama de 135 cm con colchón viscoelástico e roupa de cama de calidade.
Organización: Dispoñibilidade de perchas para a túa roupa.
Ambiente: Un refuxio íntimo e tranquilo baixo o teito de madeira, deseñado para o repouso.
Conexión coa natureza: Dous sillóns e unha mesiña auxiliar sitos a carón do río, converténdo nun lugar sumamente íntimo para desfrutar a calquera hora do día.
O lugar ideal para escoitar o fluír da auga e sentir a brisa da Costa da Morte nun ambiente de total paz.
Queremos que o Muíño de Lucho sexa o teu refuxio, un lugar onde a transparencia e a experiencia se xuntan.
Esencia Adulta: O noso aloxamento está deseñado exclusivamente para o descanso e a intimidade de adultos. Por motivos de seguridade, non se permiten nenos nin bebés, nin é apto para persoas con mobilidade reducida.
Sen sorpresas: Todo o que leches é o que atoparás. A nosa promesa é ofrecerche un espazo fiel á súa descrición, onde o confort é real e cada recuncho ten un propósito: o teu benestar.
Estamos para ti: Se tes algunha dúbida sobre o noso aloxamento antes e durante a túa estancia, ou necesitas personalizar a túa experiencia, o noso compromiso é real. Contáctanos e falemos!
